Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 19 de Agosto de 2018

As carreiras de orientación fanse un oco na programación de Soutomaior
Cultura • 7/09/2016
Autor: M. X. Queimaliños

Logo de varias experiencias piloto, a Concellería de Xuventude convoca este domingo día 11 a carreira Soutomaior Orienta, sumando a súa programación unha modalidade deportiva cada vez máis seguida e practicada. O nivel será de iniciación, estará dirixida por monitores/as especializados do Club de Montañeiros de Pontevedra e desenvolverase entre as 10:00 e as 13:00 horas con saída do Campo da Feira de Arcade. Información e inscrición na Omix de Arcade.


O obxectivo das carreiras de orientación é pasar por todos os puntos sinalado nun mapa na orde establecida, contando como axuda coa orientación dun compás. Unha actividade moi boa para manter ou mellorar a forma física ao tempo que nos achega ao noso medio dun modo aventureiro. Ademais, permite compartir gustos e afeccións ao tempo que coñecemos o territorio.


Neste caso o lugar de realización da proba será nos arredores do campo da Feira en Arcade permitindo así que os participantes coñezan "un espazo con interesantes elementos patrimoniais, culturais e naturais" segundo destaca dende a OMIX a súa responsable, Sonia Pintos.


A activiade ten un custe de 1 euros e o número de prazas é de 40. Máis información e inscricións na OMIX no Multiusos de Arcade ou no teléfono 986 700822.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: