www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 19 de Decembro de 2018

Redondela encadea sete meses de descenso continuado nas listas do paro
Sociedade • 5/09/2016
Autor: M. X. Queimaliños

O mes de setembro arrancou con boas novas en toda a área metropolitana e tamén na nosa bisbarra na que os catro concellos experimentaron un descenso no número de desempregados inscritos nas listas do antigo INEM. En Redondela hai inscritas 2.107 persoas como demandantes de emprego.


Galicia foi, en termos absolutos, o territorio con mellor comportamento nas oficinas do paro de toda España e iso trasládase tamén á nosa bisbarra na que os catro concellos que a integran baixaron o número de desempregados inscritos.


Así, Redondela ten actualmente 2.107 persoas desempregados segundo os últimos datos feitos públicos pola Consellería de Emprego, isto é 22 persoas menos respecto do mes anterior. Uns descensos que atopamos tamén en Soutomaior con 663 parados (-3), un total de 324 desempregados en Pazos (-10) e 162 persoas buscando emprego en Fornelos (-3).


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: