www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 26 de Maio de 2018

Homenaxe a Rafael Tiriti en Rande
Sociedade • 2/09/2016
Autor: M. X. Queimaliños

Aventureiro e amante da festa e das motos, Rafael Abeijón "Tiriti" falecía aos 42 anos de idade nun accidente cando escalaba o pico Aneto nos Pirineos. Dous anos despois desa fatídica data os seus amigos únense para homenaxealo cunha cita festiva e deportiva que se vai celebrar este sábado día 3 na Finca do Alemán, nas inmediacións do museo Meirande. Unha actividade organizada pola Fundación TT Rande e cuxos asistentes poderán tamén participar do programa deportivo que organiza a Asociación Cultural de Rande ao longo de toda a xornada.


O presidente da Fundación TT Rande, Pablo Garrido explica que o mellor xeito de homenaxear a Tiriti é organizando unha das actividades das que máis gustaba este veciño de Rande que falecía ao sufrir un fatídico accidente no Aneto: unha marcha moteira. Haberá tamén unha exhibición de pilotos da escola KSB-Galicia e poderanse ver algúns dos vehículos de dúas rodas que o propio Tiriti recuperou no garaxe da súa casa.


Unha xornada intensa da actividades xa que dende a mañá haberá posibilidade en participar do programa organizado pola Asociación Deportiva e Cultural de Rande. Kaiak, paddle surf, vela, exhibición de Flyboard e xa, para pechar a xornada unha foliada que arrancará ás 20:00 horas.


Os máis pequenos contarán con inchables para se divertir e celebrarase un xantar a prezos populares.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: