www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 25 de Setembro de 2018

Concerto de A Gramola Gominola en Chapela
Cultura • 1/09/2016
Autor: M. X. Queimaliños

A Alameda de Chapela acolle este domingo día 4 ás 20:00 horas un concerto do grupo de música infantil "A Gramola Gominola" organizado pola Concellaría de Cultura. Unha actuación de balde para público de 0 a 99 anos no que se escoitará música de diferentes estilos da man de Paula Romero, Ro Muñoz, Ánxelo de Xermar e Paco Cerdeira.


A Gramola Gominola é un grupo de música infantil, unha banda de rock en galego pensado para as máis pequenos pero sen excluír aos maiores, unha proposta chea de música e humor na que se fai unha viaxe pola historia da música onde o público poderá coñecer diferentes estilos que van dende o blues ao reggae, pasando polo pop, country, rock ou ska. Presentan, ademais, unha posta en escena chea de enerxía, cor e momentos cómicos que gustará por igual a cativos e a maiores.


Este repaso pola evolución da música moderna serve de fío condutor para falar de valores tan esenciais como a amizade, a natureza e os seus recursos, a familia... todos estes contidos nas súas letras.


O grupo está integrado por Paula Romero (voz), Ro Muñoz (batería), Ánxelo de Xermar (baixo), e Paco Cerdeira (guitarra), todos eles con dilatada experiencia noutras formacións musicais como Mamá Cabra, De Vacas, Festicultores Troupe ou Di Elas.


A asistencia é libre e de balde.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: