Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 16 de Agosto de 2018

O BNG cualifica de "indecente" ao PP por manter pechado o Centro de Día de Cesantes
Política • 31/08/2016
Autor: Ana Prieto

Membros do BNG de Redondela, acompañados pola candidata nacionalista ás eleccións galegas, Montse Prado, realizaron este mediodía un acto reivindicativo ante o Centro de Día de Cesantes. Alí esixiron ao goberno autonómico a súa inmediata apertura, unha vez que o edificio está rematado desde 2012.


A deputada Montse Prado cualificou de "indecente" a actitude do goberno de Feijóo, que mantén pechadas unhas instalacións "moi necesarias" para os veciños de Redondela. Lembra que hai xa catro anos que remataron as obras do edificio, e denuncia que malia as continuas promesas do Partido Popular, as instalacións seguen pechadas sen que haxa unha data para a súa posta en funcionamento. Advertiron os nacionalistas que o edificio, financiado con 2 millóns de euros de cartos públicos, presenta "un evidente estado de deterioro", polo que será precisa unha nova partida orzamentaria para facer os arranxos necesarios. Unha situación que para Prado é unha "malversación" de fondos públicos por parte do goberno popular. A candidata ás eleccións do próximo 25 de setembro anunciou tamén o compromiso do BNG para poñer en funcionamento o Centro de Día de Cesantes "de inmediato" en función das responsabilidades que teñan despois dos comicios.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: