www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 18 de Setembro de 2018

Soutomaior mellora a senda peonil e ciclista
Institucional • 30/08/2016
Autor: Ana Prieto

Mellora a seguridade viaria na PO-244, en Soutomaior, logo de que rematasen as obras de adaptación da senda peonil e ciclista. A obra levouse a cabo nuns 230 metros de vía, chegando ata a pasarela situada no acceso ao Colexio Santiago Apóstol.


A secretaria territorial da Xunta en Vigo, Yolanda Lesmes, xunto ao alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, realizaron esta mañá unha visita técnica previa á certificación final da obra de adaptación da senda peonil e ciclista na PO-244 ao seu paso polo municipio. A actuación foi executada pola Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), dependente da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, e deu conta dela o xefe territorial do departamento, José Luís Díez. Trátase dunha actuación de mellora da seguridade viaria dirixida a peóns e vehículos no municipio de Soutomaior. Os traballos nesta vía centráronse na pavimentación do trazado con formigón cor area que se completou coa colocación dos bordos de formigón. Conta cunha sección mínima útil de 1,80 metros e tamén se procedeu á sinalización da vía e á formación de céspede na contorna. O presuposto superou os 22.000 euros.


 


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: