www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 15 de Outubro de 2018

O Concello de Soutomaior convoca as axudas para a compra de material escolar
Institucional • 29/08/2016
Autor: Ana Prieto

Un ano máis o Concello de Soutomaior abre o prazo para solicitar as axudas para adquisición de material escolar. Para o curso 2016-2017 ten destinada unha partida de 2.000 euros, cun máximo de 50 euros por alumno.


A tramitación e a documentación débense de presentar nos servizos sociais do Concello de Soutomaior. Os solicitantes poderán ser os pais, nais ou titores dos alumnos que estean matriculados en calquera colexio publico do municipio e que tanto os solicitantes das axudas como os beneficiarios residan e estean empadroados. Os solicitantes destas axudas municipais deberán cumprir o baremo económico establecido nas Bases Reguladoras. A convocatoria está aberta ata o 21 de setembro para os alumnos matriculados en Educación Infantil, Primaria, Secundaria, Bacherelato, PCPI e Formación Profesional. Toda a información pode consultarse no Concello ou na páxina web www.soutomaior.com.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: