www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 25 de Maio de 2018

O cabaré chega á praia e ás rúas de Redondela
Cultura • 25/08/2016
Autor: Ana Prieto

A programación do X Festival Galego de Cabaré que se celebra en Redondela toma hoxe as rúas. A primeira parada será na praia de Cesantes, ás 17:00 horas. A proposta cabareteira chegará logo á praza de Figueroa co "The MP3 Experience".

 

 


Esta tarde un nutrido grupo de actores e actrices transformarán o areal de Cesantes no escenario para as súas coreografías, animación e interacción cos bañistas. Un espectáculo que xa acadou gran éxito en festivais como o Portamérica 2016 ou a Semana de Cine de Vilagarcía. A partires das 21.00 horas as actividades trasládanse á Praza de Figueroa coa "The MP3 Experience". Un evento aberto á participación do público, convocado por internet. O único requisito é levar roupa branca e dispoñer dun reprodutor de MP3 con auriculares. Os participantes deben sincronizar reloxos e a liberarase un arquivo de audio no que se lle darán instrucións. Logo só deben "deixarse levar"e participar na coreografía.


Pequeno cabaré infantil


O venres, día 26, cita para os máis pequenos. Un orixinal espectáculo que consiste na instalación dun teatro ao modo dunha barraca de feira ou de circo antiga e no que Nelson Quinteiro e a súa pulga Jacinta Florette farán as delicias dos máis pequenos. Contos populares como Rapunzel (a moza que non se quería depilar), Os tres porquiños bravos ou O flautista de Hamelín transformaranse nunha versión "moito máis cómica e cabareteira". Ás 20.30 horas na Praza da Constitución.


 


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: