Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 19 de Agosto de 2018

O BM Chapela celebra o seu 50 aniversario co obxectivo de clasificarse para a fase de ascenso
Deporte • 23/08/2016
Autor: Ana Prieto

Inmersos na competición da Copa Galicia, os pupilos de Fran Teixeira preparan a próxima temporada 2016/2017, na que o club celebra medio século de historia. Fano co obxectivo de obter o campionato de Primeira Nacional para pelexar con garantías na fase de ascenso a División de Honra Prata.


Os socios xa teñen á súa disposición os novos carnés, que fan referencia a este importante aniversario, que celebran en 2017. O presidente do club, Manuel González Soto, adianta que será unha comisión formada por directivos e ex xogadores a que se encargará dos preparativos para celebrar por todo o alto as vodas de ouro da institución. Desde esta semana xa están no club os abonos para toda a temporada. O prezo é de 50 euros, que reduce a 40 no caso das mulleres, o abono familiar custa 75 euros, para xubilados 40 euros, e o xuvenil, ata os 23 anos, é de 25 euros. No caso dos menores de 16 anos o acceso ao pavillón é de balde.


Copa Galicia


Agora o equipo está inmerso na pretemporada, cos oitavos de final da Copa Galicia ás portas. Este venres, día 26, enfrontaranse ao BM Porriño, ás 21.00 horas, no pavillón da Louriña. Un rival máis duro que o da primeira eliminatoria, o Rasoeiro, xa que os porriñeses pelexarán este ano por estar na cabeza da táboa. Con todo, Soto insiste en que se trata dunha competición "preparatoria", é que o verdadeiramente importante chegará coa liga.


Obxectivo ascenso


Un ano máis clasificarse para o "play off" de ascenso é o obxectivo do Chapela Rodosa. O presidente vai máis aló e salienta que só acabar primeiros lles dará "opcións reais" de ascender a División de Honra Prata, xa que poderían xogar o sector en Chapela.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: