Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 18 de Agosto de 2018

Obras de mellora en camiños de Quintela
Institucional • 23/08/2016
Autor: Ana Prieto

Na actuación que se está a levar a cabo no camiño dos Frades, en Quintela, inclúese a mellora do firme e a canalización das augas pluviais que ata agora discurría pola vía e ocasionaban problemas nas epocas de choivas.


A Alcaldesa Accidental, María do Carmen Amoedo, e a concelleira de Vías e Obras, María José Barciela, visitaron esta semana a parroquia de Quintela para ver como marcha o inicio das obras de mellora do Camiño dos Frades. Esta actuación foi solicitada polo Concello para que fose incluida dentro do Plan Marco pertencente a Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, destinada a camiños municipais de acceso a explotacións agrarias, ao cumprir este camiño as condicións xa que é o acceso a varios viveiros de prantas. O importe da obra ascende a 47.655 euros


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: