Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 17 de Agosto de 2018

O BM. Chapela Rodosa medirase ao BM Porriño en oitavos de final da Copa Galicia
Deporte • 22/08/2016
Autor: Ana Prieto

Os de Fran Teixeira pasaron a primeira ronda do título autonómico ao gañar no Grove ao BM Rasoeiro cun marcador de 26-31. Mentres a SAR Plastic Omnium quedaba fóra da competición ao perder en Redondela ante o OAR Coruña por 23-28.


O Chapela demostrou ser moi superior ao equipo meco, que vén de ascender a Primeira Nacional, e xa na primeira parte se adiantou no marcador cunha ampla vantaxe. No final do encontro reaccionaron os do Grove, pero xa sen tempo para achegarse aos redondeláns. Pola súa banda a SAR de Carlos Rey quedou fóra da competición ao perder no pavillón da Marisma cos coruñeses nun partido moi pelexado. Os oitavos de final deben disputarse antes do sábado 27 de agosto, a eliminatoria do Chapela será no pavillón do Gatañal, en Cangas. O rival, o BM. Porriño, será o rival logo de eliminar ao Servi-Auto Bueu Atl.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: