www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 20 de Outubro de 2018

SAR e Chapela comezan a Copa Galicia ante OAR Coruña e Rasoeiro
Deporte • 19/08/2016
Autor: Ana Prieto

A Copa Galicia de Balonmán Masculino 2016 comeza esta fin de semana coa participación de 19 equipos pertencentes a Asobal, División de Honra Prata e Primeira Nacional. O Frigoríficos do Morrazo defende o título acadado o pasado ano en Viveiro.


O primeiro partido para os de Fran Teixeira será mañá sábado ante o Rasoeiro, no Pavillón Monte da Vila Novo, ás 18.00 horas. A SAR mídese ao OAR Coruña en Redondela, hoxe venres ás 22.00 horas no Pavillón A Marisma. Se pasa a eliminatoria cruzaríase co Calvo Xiria no Pavillón Municipal de Pontevedra. O BM Chapela Rodosa, de gañar o partido en terras mecas, enfrontaríanse en Cangas ao vencedor da eliminatoria entre BM Porriño e Servi-Auto Bueu.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: