www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 24 de Maio de 2018

Obradoiros, circo, baile e inchables para os máis pequenos no Entroido de Verán
Sociedade • 18/08/2016
Autor: Ana Prieto

A programación infantil do Entroido de Verán en Redondela dá un salto de calidade ampliando espazos e actividades. Pasarrúas, espectáculos de animación e xogos ofrecerán horas de diversión aos máis pequenos na praza de Ribadavia, a pista da Xunqueira e a Praza da Casa da Torre.


As actividades para os cativos comezarán ás 17.00 horas co pasarrúas Hakuna Matata, a cargo de Troula Animación. Un espectáculo que percorrerá o centro urbano desde a praza do Concello ata a de Ribadavia e o paseo da Xunqueira. Animais xigantes e divertidos domadores farán as delicias do público infantil. Sergio Rodríguez, de Troula, sinala que se trata dunha animación "participativa" na coa que os nenos quedan "maravillados". Ás 17.30 arrancan os obradoiros na praza de Ribadavia coa elaboración de máscaras, globoflexia, maquillaxe e tatoos. Na pista da Xunqueira instalaranse inchables, que permanecerán abertos de 18.30 a 21.30 horas. E a praza da Casa da Torre acollerá o espectáculo A Bailar! Ás 19.30. O grupo Animar-T será o encargado de que o público familiar cante, baile ao son de cancións tradicionais como a dos pallasos da tele, pero tamén cos últimos éxitos das pistas de baile. Outro pasarrúas de Troula, "O Mundo do Circo", percorrerá as rúas de Redondela entre as 20.00 e as 21.30 para achegar o humor e a maxia do circo ao público de todas as idades


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: