Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 17 de Agosto de 2018

Sete traiñeiras participan o domingo na III Bandeira C.C.D. Cesantes Concello de Redondela
Deporte • 12/08/2016
Autor: Ana Prieto

O Círculo Cultural Deportivo de Cesantes, en colaboración co Concello, organiza esta regata de traiñeiras, proba oficial da LGB. O C.R. Chapela disputa esta fin de semana dúas bandeiras, en Bueu e Carril, na LGA.


Na proba, que comezará ás 12.00 horas, participan sete embarcacións: C.R. Rianxo, C.R. Boiro, C.R. Vila de Cangas, C.R. Mera, C.R. Narón, C.R. A Cabana e C.R. Puebla B. A regata forma parte do calendario oficial da Liga Galega B. O Club de Remo de Cesantes non participa esta temporada na liga ao non ter reunido o número suficiente de remeiros para confeccionar a embarcación.


O Club de Remo de Chapela, da Liga Galega A, ten dúas citas esta fin de semana. Mañá sábado participan na XXI Bandeira Concello de Bueu e o domingo viaxan a Vilagarcía para a II Bandeira Parquistas de Carril.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: