www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 26 de Maio de 2018

Para mexillón, Chapela
Sociedade • 12/08/2016
Autor: Ana Prieto

O Círculo Cultural Recreativo de Chapela dedica esta fin de semana ao bivalvo máis famoso da ría. A Festa do Mexillón comezará mañá sábado, ás 18.00 horas, e o domingo prolongarase todo o día. Mexillóns cociñados en diferentes especialidades, música e inchables para os máis pequenos completan esta festa que se celebra no Paseo Marítimo de Chapela.


O presidente do colectivo, Emilio Sánchez, explica que se trata dunha festa "para toda a familia". A organización mantén os prezos populares para facilitar "que todo o mundo participe". Pode degustarse o mexillón en empanada de trigo, ao vapor, en escabeche ou á vinagreta por 3 euros a ración, e a empanada de millo a 4 euros. Tamén haberá polbo para completar o menú, e xogos de inchables para os máis pequenos. Os dous días, ás 22.00 horas, a festa será amenizada por un dúo musical e o domingo, a partir das 12 do mediodía, actuación do grupo de gaitas "Tarabelo" do Círculo Cultural Recreativo de Chapela.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: