www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 19 de Outubro de 2018

O Choco perde ante o Coruxo na recta final antes do comezo da competición oficial
Deporte • 11/08/2016
Autor: Ana Prieto

A dez días de comezar a liga oficiala na Terceira División, o Choco participaba onte no Trofeo San Lourenzo, no Vao, onde perdía ante o anfitrión, o Coruxo de Segunda B. Os goles de Quique Cubas e Javi López mandaron no marcador final (2-0).


O conxunto vigués dispón dun persoal renovado en busca de dar un paso adiante e tentar loitar polas posicións de promoción de ascenso. Para iso reforzouse con xogadores de garantías e experiencia na categoría de bronce do fútbol español como Antón de Vicente, Iosu Villar ou Mateo Míguez. O Choco, que fixo un bo partido ante un grande, ultima a súa posta a punto. Os de Marcos Montes aspiran a garantir a permanencia canto antes, e logo poder repetir a actuación das dúas últimas campañas nas que se colou no "play off" de ascenso. Onte foi o primeiro partido ante o seu ex equipo para Hugo Sanmartín e Fernando Beltrán, agora no Coruxo e que as dúas últimas campañas vestiron a camiseta da formación de Redondela.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: