www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 21 de Outubro de 2018

Feijóo elixe Rande para a reunión provincial do PP
Política • 9/08/2016
Autor: Ana Prieto

O presidente da Xunta elexiu onte Redondela para continuar coa rolda de reunións coas direccións provinciais do PP de cara a preparar as eleccións autonómicas de setembro. A de Pontevedra celebrouse ás portas do Museo Meirande coa presenza de membros do PP redondelán e doutros puntos da provincia.


Coa ensenada de San Simón de fondo, Feijóo díxolle á dirección do PP de Pontevedra que deben seguir traballando "unidos"  para que os galegos dean unha palabra clara nas urnas, unha orde clara que impida "os pactos de despachos". Despois da festividade do día 15, o PPdG revelará a relación de integrantes das súas candidaturas, pero xa hai algúns avances. Como o feito de que o líder do partido, Alberto Núñez Feijóo, que tenta revalidar a presidencia da Xunta por terceira vez, volverá encabezar a lista do PP por Pontevedra. Ademais, na formación dan por segura a presenza nas listas de pesos pesados como Alfonso Rueda, Pedro Puy, José Manuel Rei ou Diego Calvo.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: