www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 22 de Outubro de 2018

Música e emoción coa Rondalla de Redondela
Cultura • 8/08/2016
Autor: Ana Prieto

A Praza da Casa da Torre acolle este venres o concerto da Rondalla de Redondela, dentro da programación de verán da Concellaría de Cultura. A formación local promete moita música, pero tamén sorpresas emotivas nunha cita que xa é tradición no verán redondelán.


A Rondalla de Redondela naceu hai seis anos o obxectivo de recuperar parte do legado musical e tamén cultural da vila. O seu traballo é recoller aquelas pezas que se cantaban en Redondela nas reunións familiares, nas festas e nas tabernas, alá pola década dos anos 30. Gustavo Cuntín, un dos seus membros, sinala que ese traballo de "rescatar" pezas musicais da memoria colectivo segue a central boa parte dos seus esforzos, ao tempo que traballan por mellorar a calidade vocal e musical da formación. No concerto deste venres presentarán algunhas novidades, pezas "restauradas" que de seguro forman parte das lembranzas do público, e que compartirán parte do concerto con temas "clásicos" da rondalla. Ademais para esta cita a formación avanza que haberá "unha sorpresa", que transportará aos asistentes á época dourada dos festivais benéficos da SAR, e outros eventos sociais da vida redondelá que xa desapareceron. Unha cita que non poden perder, a partires das 21.00 horas.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: