www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 20 de Outubro de 2018

A embarcación do C.R. Chapela participa na primeira Bandeira Teresa Herrera Feminina
Deporte • 2/08/2016
Autor: Ana Prieto

A proba por excelencia do calendario galego, a Bandeira Teresa Herrera, que se disputa na Coruña, contará por primeira vez con modalidade feminina. As deportistas do Club de Remo de Chapela estarán o domingo en augas coruñesas para loitar polo título.


O presidente do club, Julio Prado, amosa a súa satisfacción pola decisión da organización e do Concello da Coruña. Deste xeito "ponse en valor" o traballo de equipos femininos como o redondelán, que ata o de agora non podían disputar unha proba destas características en Galicia. A embarcación masculina de Chapela participará tamén na proba clasificatoria, que se celebra o sábado, co obxectivo de colarse na final do domingo, malia que Prado recoñece que será "moi difícil". Ao alto nivel dos rivais da Liga Galega A, hai que engadir a participación Tirán, e probablemente tamén de Cabo. Con todo, os deportistas redondeláns acudirán a Coruña para gozar da regata raíña do calendario. A Bandeira Teresa Herrera, malia non ser puntuable, "é a regata na que todo remeiro galego quere participar", apunto Julio Prado.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: