www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 26 de Maio de 2018

O programa Depo RúArte achega a Redondela un curso de monopatín para os mozos
Sociedade • 1/08/2016
Autor: Ana Prieto

A Deputación de Pontevedra, en colaboración co Concello de Redondela, organiza un curso de monopatín dirixido a mozos e mozas de entre 14 e 30 anos de idade. Celebrarase desde o día 16 e ata o 29 deste mes de agosto. O prazo de inscrición remata o venres, 5 de agosto.


O curso desenvolverase durante dúas semanas en horario de mañá, desde as 10.30 horas e ata as 13.30 horas. A deputada Digna Rivas, responsable da área de Cohesión Social e Xuventude, explica que calquera mozo que o desexe pode participar, xa que a actividade é totalmente gratuíta, malia que os asistentes deberán achegar o seu propio monopatín, casco e proteccións. Será preciso tamén que haxa un mínimo de 10 participantes para poder realizar a actividade. Rivas explica que se trata dunha das actividades que a Deputación realiza dentro do programa Depu RúArte, no que tamén se ofrecen cursos de baile, graffiti ou cociña, entre outros. O obxectivo é ofrecer aos máis novos actividades "de arte na rúa" que a mocidade está a demandar.


Unha vez rematada o programa, a Deputación convocará o I Certame Xuvenil Depo RúArte, que dará paso á clausura do programa, a través do que se mostrará o aprendido nas actividades realizadas. Só poderá haber unha persoa representante de cada concello, que participará no concurso competindo co resto de actuacións presentados dentro da mesma categoría. Seleccionarase un finalista, que obterá o correspondente premio. Unha vez escollidos os traballos máis destacados de cada categoría escollerase unha única ou único gañador do certame, a quen se lle entregará o correspondente premio.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: