www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 15 de Outubro de 2018

Final do Mundialito na pista da Xunqueira
Deporte • 29/07/2016
Autor: M. X. Queimaliños

A XLII edición del Mundialito da Xunqueira que durante todo este mes de xullo se disputou en Redondela culmina este sábado ás nove da noite coa final entre os equipos Ferreiro e Reformas Cobi. Unha hora antes, Coreongos e Royal Picasso mediranse polo terceiro posto. Unha cita deportiva organizada polo Redondela F.S. e que volveu congregar a centos de afeccionados a este deporte na pista da Xunqueira e que vivirá a súa xornada grande na tarde noite de sábado.


Os partidos correspondentes a semifinais disputábanse o mércores, dous encontros moi igualados que tiveron que decidirse na rolda de penaltis ao empatar a dous tantos tanto o enfrontamento entre Equipo Ferreiro e Royal Picasso como o disputado entre o Coreongos e o Reformas Cobi.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: