www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 20 de Setembro de 2018

A Alameda acolle o I Trofeo de Petanca Concello de Redondela
Deporte • 29/07/2016
Autor: M. X. Queimaliños

Os cinco clubs existente no concello de Redondela en colaboración coa concellería de deportes organizan esta fin de semana o I trofeo desta modalidade deportiva no noso municipio. Disputarase na tarde do sábado, entre as 16:30 e as 21:30 e na mañá do domingo de 10:30 a 13:00 hora na Alameda. O sábado pola mañá, entre as once e a unha, todos aqueles que queiran practicar poderán facelo asesorados por membros dos clubs organizadores.


Durante toda a mañá do sábado os que o desexen poderán achegarse e practicar un deporte que conta con numerosos afeccionados en Redondela como así o demostra o feito de que existan un total de cinco clubs en activo: San Xoán, Tango, Vilar de Infesta, Torre de Babel e Blanco e negro. Clubs que aglutinan a persoas de todas as idades, que van dende nenos de tan só 7 anos ata maiores que superan os 80 e que non por iso deixan de practicas un deporte que fomenta as relacións interxeracionais e mellora a habilidade e a concentración.


Un deporte con arraigo que logra así ter o seu trofeo propio grazas a unha colaboración intensa entre os clubs e a concellería.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: