www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 15 de Outubro de 2018

As algas invaden a zona de marisqueo e poñen en perigo a supervivencia da ameixa
Sociedade • 27/07/2016
Autor: M. X. Queimaliños

As mariscadoras solicitan a axuda do concello para buscar unha solución a un problema que afecta e que está a provocar a mortandade da ameixa: a invasión de algas. A presidenta da agrupación de mariscadoras, Alicia Alvarez, explica que elas mesmas encárganse das labores de limpeza para retirar as algas acumuladas e evitar que afecten a produción, pero que precisan dun contenedor no que depositar esas algas unha vez retiradas do mar. Trasladaron xa esta petición ao concello pero a resposta foi negativa.


O colectivo, integrado por un total de 135 mariscadoras, ademais de traballar na extracción de marisco realiza labores de retirada das algas que se acumulan nos bancos marisqueiros poñendo en perigo a pervivencia da ameixa. A día de hoxe a única opción que teñen "é acumular as algas no mar baixo unha rede ata que podre". Con todo, esa non é unha solución viable en todas as zonas motivo polo que xa trasladaron ao Concello unha petición para que dende a Concellería de Mar poñan a súa disposición un contenedor para que poidan depositar estas algas. Unha vez cheo este contedor, o departamento municipal de Medio Ambiente encargaríase da súa retirada e posterior eliminación "do mesmo xeito que actualmente se fai coas algas que se retiran das praias".


Unha petición que foi rexeitada dende o Concello motivo polo que as mariscadoras tentarán reunirse cos grupos políticos "para ver se entre todos atopamos unha solución".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: