Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 17 de Agosto de 2018

O PSdeG denuncia o abandono da área recreativa da Moucheira en Reboreda
Política • 27/07/2016
Autor: M. X. Queimaliños

A maleza de máis de dous metros fai o lugar intransitable. Trátase dun espazo de 4.000 metros cadrados en Asnelle de Arriba que fora recuperado hai unha década co investimento de 60.000. Explican os socialistas que o lugar "posuía unha praia fluvial grazas a unha pequena presa, barandas, fonte, escaleiras de acceso e mesas con bancos de madeira actualmente en total abandono". Xa no 2013 reclamaran medidas ao goberno local para paliar esa situación.


Os socialista explican que na actualidade o lugar sofre "un estado de total abandono que permite ás plantas invasoras afogar as especies alóctonas plantadas hai 10 anos" xa que "a maleza de máis de dous metros deixa practicamente os 4.000 metros cadrados intransitables xa non queda area na praia fluvial senón un cúmulo de pedras e a pequena presa nin posúe o mecanismo de abrir e pechar". Acusan ao PP de "ser coñecedor e cómplice da situación xa que coñecen perfectamente o estado deste lugar, sendo a mesma concelleira de Vías e Obras quen ordenou retirar as máis de nove mesas con bancos da zona para poñelos noutros sitios da vila".


Finalmente, declara o edil socialista Leonardo Cabaleiro "o goberno do PP non pode esixir á veciñanza que manteña as fincas limpas cando eles mesmo abandonan zonas do concello, poñendo en risco de incendio á poboación" engade "non podemos permitirnos perder zonas verdes e menos aínda deixalas abandonadas ata destruír toda a inversión realizada".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: