Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 16 de Agosto de 2018

As Marchas reclaman vivendas para atender a persoas sen ingresos e situacións de emerxencia
Sociedade • 26/07/2016
Autor: M. X. Queimaliños

As Marchas da dignidade aplauden a existencia dun convenio coa Xunta de Galicia que facilite o acceso á vivenda para aquelas persoas que non poidan abonar máis de 300 euros de renta, máis insisten na necesidade de que o Concello conte cunha bolsa municipal de vivenda que facilite a ubicación de persoas sen ingresos ou en situación de emerxencia severa (desafiuzados, refuxiados, vítimas da violencia de xénero).


Ante a recente adhesión do concello de Redondela ao Programa de Vivendas Baleira da Xunta e a FEGAM co obxectivo de facilitar á cidadanía o acceso a vivenda, dende a Plataforma das Marchas da Dignidade de Redondela puntualizan que malia suponer unha mellora non atenderán a todas as persoas que precisan dunha vivenda e que se atopan en situación especialmente complexas.


Explican que este plan consiste na habilitación duns fondos públicos para fomentar o alugueiro ata os 300€ de renta. Estes fondos estarían pensados para ofertar garantías a posibles arrendadores ante posibles impagos por insolvencia ou desperfectos. "Isto, aínda que supoña un avance en cuestións de vivenda social, non permitirá que persoas sen ingresos e en situación de emerxencia severa (desafiuzados, refuxiados, vítimas de violencia de xénero...) poidan atopar unha solución temporal" polo que consideran que o concello tamén necesita dotarse de ferramentas propias para atender a esta situación.


Neste sentido apuntan que a solución sería que o concello xestione como propias o uso de vivendas e infraestruturas públicas ou privadas desocupadas e sexan destinadas a vivenda social con alugueres establecidos por la administración local e acordes ás situacións puntuais de cada familia.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: