www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 25 de Xuño de 2018

O Mundialito da Xunqueira entra na fase final
Deporte • 26/07/2016
Autor: M. X. Queimaliños

Hoxe martes celébranse na pista da Xunqueira os partidos correspondentes aos cuartos de final con tan só os 8 equipos que seguen no torneo. Os partidos de hoxe arrancarán ás 20:30 co encontro entre Equipo Ferreiro e Recambios Ochoa. Media hora máis tarde xogarán 6/06/2016 contra Royal Picasso. Ás 21.30 Rodavigo medirá as súas forzas con Coreongos e pechará a xornada o encontro entre Reformas Cobi e Construcciónes Hermanos Veiga.


Os equipos que superen esta fase xogarán o mércores as 20:30 e 21:30 os dous partidos correspondentes ás semifinais e xa o sábado está previsto o remate do torneo co partido que decidirá o gañador do Mundialito ás 21:00 horas. Unha hora antes xogarase o terceiro e cuarto posto.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: