Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 19 de Agosto de 2018

Nin beirarrúas nin retranqueo no tramo da N-550 reparado por Fomento
Sociedade • 21/07/2016
Autor: M. X. Queimaliños

A Asociación de Veciños de Cesantes non se explica o motivo de que non se aproveitasen as obras de reparación do noiro que se derrubara sobre a estrada nacional para mellorar ese tramo da vía. Os veciños reclamaran tanto a Demarcación de estradas como ao Concello que se construíse unha beirarrúa para mellorar a seguridade vial na zona. A piques de rematar os traballos dan por rexeitada a súa petición.


A obra realizada polo Ministerio de Fomento consistiu na reparación do muro de contención no tramo da N-550 que se viñera abaixo o pasado mes de febreiro a consecuencia das fortes precipitacións. Os veciños solicitaran tanto no Departamento de demarcación de Carreteras do Estado de Pontevedra como pror rexistro no Concello, que se aproveitase esta actuación para mellorar a seguridade vial coa construción de beirarrúas.


Lamentan tamén que se non se realizase o retranqueo do actual muro "sobre todo tendo en conta que os terreos xa están expropiados e pagados aos seus antigos propietarios". Un retranqueo que suporía anchear o vial e unha mellora na visibilidade tanto de condutores como de peóns nun tramos que é en curva.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: