www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 26 de Maio de 2018

Fornelos organiza unha ruta de bicicleta de montaña
Deporte • 20/07/2016
Autor: M. X. Queimaliños

O Concello de Fornelos e a Asociación Deportiva desta localidade organizan o vindeiro domingo 31 de xullo a partir das 9:30 horas a I Ruta BTT (ou bicicleta de montaña) de Fornelos que levará aos participantes a percorrer pistas, camiños e sendeiros do municipio.


A ruta constará de dous percorridos de aproximadamente 35 e 50 quilómetros e os participantes disporán de zonas de avituallamento líquido e sólido, ademais de duchas nas que refrescarse unha vez remate a proba e lavado apra as bicicletas. Ao finalizar a marcha realizarase un sorteo de agasallos doados polos colaboradores.


As persoas interesadas deben formalizar a súa inscrición cubrindo un formulario que se atopa na propia páxina web do concello. Os presos son de 5euros para os federados e 20 euros é o que terán que pagar os que non o estena, xa que se engaden os 15 euros que custa o seguro obrigatorio.


 O prazo de inscrición remata o 27 deste mes e o máximo de inscritos permitido será de 300.


A bicicleta de montaña ou BTT é unha modalidade deportiva e de ocio na natureza que atopa diferentes percorridos na xeografía galega con diferentes niveis de dificultade, duración e lonxitude.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: