www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 22 de Xuño de 2018

Amoedo asegura que os beneficiarios da entrega de alimentos non tiveron que esperar un mes
Política • 15/07/2016
Autor: M. X. Queimaliños

A Concelleira de Servizos Sociais, Carmen Amoedo, asegura que os alimentos comezaron a ser entregados ás familias o día 7 deste mes, despois de que as educadoras sociais visitaran os fogares e comprobaran en que situación se atopaban eses nenos. Tendo en contra que o curso rematou o día 23 "as contas non dan" asegura a edil quen acusa á socialistas Digna Rivas de facer política de "baixos fondos" cando di que houbo un atraso dun mes no reparto domiciliario de alimentos ás familias beneficiarias.


Amoedo acusa a Rivas de "falar de oídas, xa que nin siquera foi quen de achegarse os servicios Sociais e de enterarse de como é realmente o procedemento". Neste sentido explica que finalizado o curso as educadoras revisan a situación na que quedan os nenos e nenas que poidan ser beneficiarios das axudas xa que moitos deles pasan o verán con familiares e non precisan da mesma. Con toda a celeridade que é posible iníciase un procedemento que finaliza cun informe e cunha relación de beneficiarios que se lle achega á ONG Cáritas encargada da distribución.


A edil popular engade que quen iniciou este programa de distribución de alimentos no verán para as familias con necesidades foi o PP "xa que durante os anos que eles gobernaron os nenos e nenas non tiñan durante o verán nin no Nadal que lle axudase dende o Concello, por iso debería caerlle a cara de vergoña"".


Apunta tamén que non é a administración quen xestiona o servizo, tal e como así reclaman dende o PSOE "porque exclusivamente cos medios cos que conta o concello non era posible polo que o mellor xeito de momento é facelo en colaboración con Caritas".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: