www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 21 de Maio de 2018

Campamento de verán en Pazos para nenos de 9 a 16 anos
Institucional • 15/07/2016
Autor: M. X. Queimaliños

O Concello de Pazos de Borbén abre o prazo de inscrición do seu campamento de verán para nenos de 9 a 16 anos. A acampada celebrarase os días 29, 30 e 31 deste mes de xullo nas instalacións da Aldea Guntín, na Cañiza. O prezo da actividade é de 45 euros e inclúe a manutención dos pequenos, polo que só necesitarán levar un saco de durmir e esterilla, dúas mudas completas, calzado deportivo e material de aseo. Pasarán a noite en tendas de campaña salvo mal tempo, que se trasladarían a bungalows e instalacións cubertas.


Os campamentos de verán pretenden contribuír ao desenvolvemento integral dos nenos e fomentar valores como o compañeirismo e a colaboración mediante actividades encamiñadas ao achegamento e coñecemento do mundo rural e natural, creando nas menores actitudes de responsabilidade cara ao medio ambiente, fomentando a convivencia, a cooperación, o respecto e a tolerancia...


Para formalizar a inscrición terase que encher a solicitude, ademais da autorización de asistencia e a ficha médica do neno, que se pode recoller nas oficinas da OMIX de Pazos de Borbén, e achegar o comprobante bancario de realizar o ingreso da matrícula do campamento. Os interesados en ampliar información deben dirixirse ás oficinas municipais da Casa do Concello, en horario de 09:00 a 14:00 horas de luns a venres ou través dos teléfonos 986 498 934 e 986 497 035 á atención de Isabel.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: