Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 17 de Agosto de 2018

Campamento de Praia en Arealonga e campamento urbano na Alameda
Sociedade • 14/07/2016
Autor: M. X. Queimaliños

A Concellería de Xuventude pon en marcha o campamento de Praia que se vai desenvolver dende o 15 de xullo ata o 12 de agosto en horario de tarde, de 17:30 a 19:30 horas na Praia de Chapela. Por outra banda, este departamento ten aberto ata o vindeiro día 19 o prazo de inscrición para se inscribir no campamento urbano que terá lugar na Alameda de Redondela na última semana de xullo e dúas primeiras de agosto.


A Concellaría de Xuventude, dirixida por Julio Mougán, pon en marcha o Campamento de praia en Arealonga. Este campamento vai dirixido a nenos maiores de catro anos que gozarán con xogos populares, xogos de auga, Olimpíadas e xincanas. Os venres realizarán manualidades. Para esta actividade non fai falta inscribirse previamente no concello anotaranse os nenos na propia praia ata completar as prazas que serán 30 diarias.


Lembran tamén dende Xuventude o campamento urbano orientado a nenos e nenas de idades comprendidas entre os 4 e os 14 anos que se desenvolverase na Alameda de Redondela entre o 26 de xullo e o 12 de agosto. As persoas interesadas deben inscribirse como0 data límite o martes 19 no rexistro do concello. O horario do campamento será de 9:30 a 13:30 e os inscritos poderán optar ás tres semanas de duración ou se o prefiren optar tan só a algunha das semanas ofertadas.


Unha actividade completamente de balde na que se traballará cos nenos diferentes temáticas como o mar, instrumentos musicais, xogos populares, xogos de auga, busca do tesouro e xincanas.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: