www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 19 de Outubro de 2018

Abre o prazo de inscrición para o campamento urbano
Sociedade • 6/07/2016
Autor: M. X. Queimaliños

A actividade, orientada a nenos e nenas de idades comprendidas entre os 4 e os 14 anos desenvolverase na Alameda de Redondela na última semana de xullo e nas dúas primeiras do mes de agosto. As persoas interesadas deben inscribirse entre o 7 e o 19 deste mes no rexistro do concello. O horario do campamento será de 9:30 a 13:30 e os inscritos poderán optar ás tres semanas de duración ou se o prefiren optar tan só a algunha das semanas ofertadas.


Unha actividade completamente de balde na que se traballará cos nenos diferentes temáticas como o mar, instrumentos musicais, xogos populares, xogos de auga, busca do tesouro e xincanas.


Un campamento urbano que xunto co programa de conciliación que se está a desenvolver en dez parroquias, completa a oferta de verán organizada dende o Concello e orientada aos máis pequenos. Unha oferta necesaria e moi demandada polas familias tal e como o amosa o feito de que as 225 prazas ofertadas durante este mes de xullo quedáranse curtas e ao redor de 60 nenos non acadaran praza no programa.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: