www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 25 de Maio de 2018

Akka Essaadaoui e Ariana González gañan a Carreira Popular Concello de Redondela
Deporte • 4/07/2016
Autor: M. X. Queimaliños

Akka Essaadaoui, da Ximnástica de Pontevedra, e Ariana González, do Club O Rosal, foron os gañadores da IX Carreira Popular Concello de Redondela que se disputou coa asistencia de máis de 500 atletas en diversas categorías. Eles foron os mellores nunha proba de 6,5 quilómetros de percorrido que se disputou este domingo no casco urbano e Cesantes.


Unha xornada de festa e solidariedade ademais de deporte a organizada onte pola Asociación Deportiva CAR. Disputáronse varias carreiras para todas as idades, desde pitufos até veteranos, e con variedade de distancias, percorrendo os máis pequenos de tan só 3 anos de idade unha distancia de 50 metros ata chegar aos 6,5 quilómetros que deberon superar os participantes da proba principal.


O atleta residente en Salceda de Caselas Akka Essaadaoui cumpriu co prognóstico que lle colocaba como un dos grandes favoritos.  Daniel Bargiela, do Bikila, foi segundo e José Alberto Bastos, do Telmo Perruqueiros, acabou no terceiro lugar. Entre o tres houbo unha diferenza de trinta segundos na liña de chegada.


Pola súa banda, Ariana González, do Club O Rosal, foi a mellor na categoría feminina. Acompañoulle no podio Branca Lavandeira, do Club San Lázaro, e Sonia Martínez, da Agrupación Deportiva CAR.


Nerea Lago e José Estévez foron os gañadores nos alevíns. Laura Alonso e Hugo Domínguez triunfaron en infantís. E en cadetes foron Andrea Pérez e Óscar Filgueira os que ocuparon os primeiros lugares.


A IX Carreira Popular Concello de Redondela celebrouse desde o dez da mañá até as doce. Ademais da numerosa presenza de atletas de toda a provincia, tamén destacou pola gran asistencia de público. Os organizadores entregaron os premios a todos os gañadores e tamén outorgaron seis menciones especiais.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: