Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 18 de Agosto de 2018

As obras de reparación e pintado da biblioteca obrigan a pechar as instalacións
Cultura • 4/07/2016
Autor: M. X. Queimaliños

A Biblioteca Municipal Valle-Inclán de Redondela vai acometer obras de restauración para mellorar o seu acondicionamento. Isto afectará á apertura das distintas zonas nas vindeiras semana, xa que as obras vanse ir acometendo por espazos diferenciados a partir do 7 de xullo. Así, o primeiro espazo en pechar será a sala infantil que permanecerá pechada dende este xoves ata o 18 de xullo.


A sala xeral pechará tan só catro días, entre o 19 e o 22 de xullo e a sala de estudo permanecerá pechada ao público do 21 ao 27 deste mes. Estas datas poden sufrir algunha variación e, de feito, os responsables da biblioteca confían incluso en que o peche poida ser menor do esperado no caso de que os traballos se desenvolvan sen contratempos e que suporán o pintado das diferentes salas que conforman a biblioteca de Redondela.


Pola súa banda, a Biblioteca de Chapela manterá o seu horario (de luns a venres, de 9:00 a 14:00 h) ao non verse afectada polas obras.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: