www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 24 de Maio de 2018

Un sábado de música coral e habaneras en Redondela
Cultura • 1/07/2016
Autor: M. X. Queimaliños

O Multiúsos da Xunqueira acolle este sábado ás 20:00 horas a celebración do IV Festival de habaneras Concello de Redondela coa participación de cinco corais, entres as que se atopa o coro mariñeiro Nanín de Lastres de Asturias. Na mesma xornada e á mesma hora, o Multiusos do Piñeiral en Chapela celebra un festival semellante organizado polo Círculo Recreativo da parroquia.


As corais San Pedro de Domaio, a coral polifónica de A Guarda, a formación Xuntanzas de Meis, o coro mariñeiro Nanín de Lastres de Asturias e a coral organizadora Ondas do Mar de Vigo de Cesantes, ofrecen este sábado un concerto ás 20:00 hroas no auditorio da Xunqueira. O concerto arrancará as oito da tarde e as entradas completamente gratuítas comezarán a repartirse media hora antes do inicio no propio Multiúsos.


Organiza Concello de Redondela e coral Ondas do Mar de Vigo.


U n festival que coincide con outra actividade semellante que se vai desenvolver no Multiúsos do Piñeiral do Crego en Chapela organizada polo Círculo Recreativo desta parroquia tamén o sábado ás 20:00 horas. Os concertos contarán coa presenza das corais  Marusía de Bueu, Lembranzas de Marín, Anduriña de Coruxo, Endesa As Pontes de A Coruña e Frol Nova de Chapela. A entrada é libre.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: