www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 24 de Maio de 2018

O PSOE denuncia o mal estado da rúa Eidos
Política • 29/06/2016
Autor: M. X. Queimaliños

A obra de urbanización da rúa Eidos cun orzamento de 154.076 euros, xestionada e concedida a unha empresa polo anterior goberno do PP na Deputación de Pontevedra, e rematou en outubro de 2015. Meses despois, segundo denuncian dende o PSOE "parte do asfalto está levantado e as tapas da rede de sumidoiros frouxas, coa posible consecuencia de ocasionar danos aos coches que pasan pola zona".


Por outra banda, os socialistas critican a pouca consideración do proxecto da obra cara aos peóns xa que nalgúns tramos as beirarrúas limitan o transito de persoas con mobilidade reducida, cadeiras de rodas ou carriños de bebés. Ao que cabe engadir, non incluír no proxecto pasos de peóns elevados como demandaban a veciñanza.


O edil socialista Leonardo Cabaleiro acusa ao goberno local de "ser cómplice do mal acabado da obra. Non pode ser que cada coche que pase pola zona, levante as tapas do sumidoiro, podendo ocasionar danos" e engade que non se trata dun "feito illado, o mesmo sucedeu coas obras do Paseo do Maceiras ou a Esfarrapada. Isto amosa que o Goberno Municipal do PP non está a facer unha boa xestión no seguimento das obras".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: