Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 19 de Agosto de 2018

Medio Ambiente convoca unha charla para informar dos espazos públicos para os cans
Sociedade • 29/06/2016
Autor: M. X. Queimaliños

A charla terá lugar hoxe mércores na Casa da Cultura ás 20:00 horas e á mesma están convocados todos os veciños que teñen mascotas e queren coñecer o funcionamento e as normas de convivencia que van rexer nos espazos que se van destinar aos animais no noso municipio. Con esta charla preténdese concienciar aos donos dos animais da importancia da convivencia entre os veciños que posúen mascotas e os que non as teñen e presentaranse as propostas que se desenvolverán nun futuro neste ámbito.


Os proxectos existentes a curto prazo contemplan por unha banda un tramo da Praia de cesantes que estaría aberta a que os propietarios de animais se achegasen a ese areal acompañados dos seus cans, así como o parque canino que en breve está previsto abrir na zona de A Marisma, unha vez que o espazo sexa acondicionado.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: