www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 26 de Maio de 2018

Javier Bas (PP) "Volve imperar a moderación fronte a deriva populista dos últimos meses"
Política • 27/06/2016
Autor: M. X. Queimaliños

Satisfacción nas filas populares tamén en Redondela. No estado o PP crecía 14 escanos ata chegar aos 137 e no noso concello recuperan o primeiro posto perdido a favor de En marea o pasado 20-D por unha marxe de tan só 125 votos. Os populares obteñen un total de 5.475 papeletas fronte ás 5.280 que lograran hai seis meses. Uns resultados que ao entender de Javier Bas "veñen apoiar o traballo realizado polo noso partido tanto en España como en Redondela".


"Sentímonos respaldados porque o único partido que sube en votos e porcentaxe en Redondela é o PP mentres o PSOE pola contra aínda se afunde un pouco máis ao acadar o peor resultado da súa historia", así resume Bas eses resultados que saían das elección celebradas onte.


Uns datos que ao seu entender responden a que o cidadán "queren un goberno que evite o enfrontamento e por iso aposta polo PP fronte ao resto dos grupos".


Confía en que Rajoy repita na Moncloa "porque foi o único que saíu reforzado destas elección polo que o resto dos partidos deben facilitar que goberne".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: