www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 14 de Novembro de 2018

Joshua Rodríguez (En Marea): "Non fomos capaces de motivar á xente"
Política • 27/06/2016
Autor: M. X. Queimaliños

Caída importante para a confluencia En Marea que en Redondela lograra 6.148 votos no pasado mes de decembro e que agora cae catro puntos e queda con 5.350 apoio. Unha situación que os relega ao segundo posto, por detrás do PP, logo de que nas pasadas eleccións irromperan como primeira forza en Redondela.


Uns resultados negativos que Joshua Rodríguez, representante de En Marea en Redondela, recoñece sen paliativos ao entender que a súa formación non foi quen de motivar a xente. Con todo, entende tamén que as enquisas demobilizaron ao votante "o feito de que todos os prognósticos auguraran tan bo resultado fixo que a xente non se preocupara por ir votar"


Confía nun acordo co PSOE e con outras forzas que fagan posible un goberno de progreso "unha terceira elección sería un fracaso absoluto que non beneficiaría a ninguén, os socialistas teñen que ser conscientes de que novos comicios só provocarían máis abstención".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: