www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 15 de Outubro de 2018

Lusquiños (BNG): As forzas que se dín renovadoras resucitaron o cadáver político de Mariano Rajoy
Política • 27/06/2016
Autor: M. X. Queimaliños

O BNG volve sufrir un duro revés nestes comicios. Quedan sen representante no Parlamento e en Redondela experimentan perda de apoio con tan só 468 votos. O responsable local asume o fracaso da súa formación ante "uns resultados malísimos para o Bloque e para os cidadáns, ao lograr o PP recuperar votos e saír reforzado malia os casos de corrupción e o recorte nos dereitos sociais". Insiste en que estes resultados son responsabilidade "de todos os que se autodenominan como partidos da nova política ao non ser quen de formar goberno tras os resultados do pasado decembro".


Neste sentido sinala directamente a Podemos a quen acusan de  "dar a presidencia novamente a Mariano Rajoy e resucitar un cadáver político" que agora podería manterse na Moncloa.


Recoñece que o BNG ten cometido erros, que ten que analizar a súa situación e tomar unha decisión que pode incluso supoñer a desaparición do partido tal como está "para construír algo novo" pero tamén responsabiliza destes resultados "a unhas eleccións que se formularon como segunda volta e na que só xogaban algúns partidos, deixando de lado completamente ás formacións nacionalistas".


Os seus prognósticos de cara ao futuro apuntan a que "desgraciadamente o PP vai volver gobernar".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: