www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 14 de Novembro de 2018

Indignación no BNG de Soutomaior ante "a agresión sufrida pola súa sede" en Arcade
Política • 23/06/2016
Autor: M. X. Queimaliños

A sede dos nacionalistas neste concello, do mesmo xeito que moitos puntos do casco urbano de Redondela, apareceron cubertos de cartaces nos que se acusa aos actuais responsables da Deputación, a socialistas Carmela Silva e o nacionalistas Cesar Mosquera de se "enriquecer mentres privatizan servizos". Responsabilizan desta agresión "aos enchufados da Deputación que accederon a este organismo nos tempos do PP e do señor Louzán e pretenden manter uns privilexios que de ningunha maneira imos tolerar".


Aseguran dende o BNG de Arcade que "durante anos estas persoas cobraron diñeiro público sen xustificar en concepto de dietas. Casos de caciquismo tan flagantes como que persoas que vivían a 30 quilómetros de Pontevedra pretendían cobrar 110 noites de hotel ao ano sen sequera presentar unha factura. Os gastos por dietas sen xustificar desta xente chegaba en moitos casos a máis de 12.000 euros". Engaden que coa chegada do novo goberno a Deputación "cortóuselles a billa, polo que optan por agredir ás persoas que loitamos contra o caciquismo. Agresións que van dende desperfectos como so que sufrimos no local de Soutomaior ata o caso de levaren coroas mortuorias aos domicilios dos nosos deputados".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: