www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 22 de Outubro de 2018

Sardiñada e serán por San Xoán en Rande
Cultura • 21/06/2016
Autor: M. X. Queimaliños

A Asociación deportiva e cultural de Rande celebra este xoves a tradicional festa de San Xoán a partir das 20:30 horas na Finca do Alemán (nas inmediacións do museo Meirande). As actividades arrancarán ás 20:30 horas cunha sardiñada e a música do grupo tradicional "Os de debaixo da Ponte". A festa continuará cunha noite chea de bruxas e meigallos e chegada a media noite prenderase lume a unha gran fogueira. Haberá sardiñas, pan e viño para todos os asistentes e a xornada rematará coa tradicional queimada.


A festa en Rande continuará o sábado 25 con actividades para grandes e pequenos. Así, a partir das 18:00 horas os asistentes poderán participar nunha xincana de xogos populares e a partir das 21:30 arrancará o serán coa música das pandereteiras "Ledicia" de Trasmañó. A asociación deportiva e cultural promete "festa rachada" neste VIII serán no que non faltarán os gaiteiros, o baile e os petiscos.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: