www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 18 de Setembro de 2018

Inauguran un mural dedicado a Celso Emilio Ferreiro no Instituto de Chapela
Cultura • 20/06/2016
Autor: M. X. Queimaliños

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES de Chapela organiza hoxe ás 12:10 da mañá a inauguración dun mural dedicado a Celso Emilio Ferreiro. É o terceiro mural que se inaugura despois dos dedicados a Rosalía de Castro (2014) e a Castelao (2015). Con esta serie de murais desde o IES de Chapela réndeselle homenaxe ás figuras máis representativas da cultura galega para divulgar entre a comunidade educativa de Chapela o seu importante labor de defensa e promoción da nosa lingua e da nosa identidade. Estará presente o fillo do autor homenaxeado, Luís Ferreiro.


O acto terá lugar ás 12:10h e nel realizarase unha lectura colectiva do poema Deitado frente ao mar na que participará un representante de cada unha das aulas do instituto, xunto con representación do profesorado e persoal non docente.


Contarase coa presenza de Luís Ferreiro, fillo do autor homenaxeado e presidente da fundación Celso Emilio Ferreiro, que participará no recitado colectivo.


No acto descubrirase un mural deseñado e realizado polo alumnado de 4º ESO Carlos García, Nerea López e Paula Gil, coa colaboración de Carla Martínez e Laura Vázquez (4º ESO).


No momento de descubrir o mural terá lugar unha actuación musical a cargo de alumnado do instituto: Xenxo Ortega(1º Bacharelato-gaita), Andrea Cabaleiro (3º ESO-tambor), Julia Rivas (3º ESO, pandeireta) e Carme Puime (3º ESO-bombo).


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: