www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 19 de Xullo de 2018

Macrofesta con "disc jockeys" e concentración de coches de tunning na praia da Punta en Cesantes
Sociedade • 17/06/2016
Autor: M. X. Queimaliños

A praia de Cesantes transformarase este sábado pola noite no escenario dunha macrofesta co grupo cubano A Ricura e varios "disc jockeys". A iniciativa, organizada pola comisión das Festas do Carme, tamén inclúe un apartado para os afeccionados ao motor, xa que durante a tarde realizarase unha concentración de coches racing, tunning e clásicos, cunha zona de demostracións.


Os actos desenvolveranse no recinto situado xunto ao areal da Punta, con entrada gratuíta a todos os eventos, e tamén se instalará un bar con prezos populares para que os asistentes poidan refrescarse.


A Festa Xoven comezará ás 17.00 horas coa exposición dos coches participantes na concentración, con máis de cincuenta vehículos chegados desde diversos puntos de Galicia e Portugal. A xornada estará amenizada a partir das 21.30 horas por un concerto do grupo Bohemios.


Xa pola noite, a partir das 23.00 horas, coa segunda edición do A Punta Beach Party, un evento musical no que participarán o dúo cubano A Ricura, os portugueses John Mayze&Miguel Faria, o vigués Dani Vila, o saxofonista Kike Sax, e os discjockeys Dj Charlie, Rodri Veigas e Borja Rúa.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: