Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 19 de Agosto de 2018

A forense Otero Abadín convidada polo club de lectura para contar a súa experiencia no IMELGA
Cultura • 10/06/2016
Autor: M. X. Queimaliños

A directora do Instituto de Medicina Legal de Galicia (IMELGA), a médico forense Beatriz Otero Abadín asiste hoxe en Redondela a un encontro organizado polos clubs de lectura das Bibliotecas. Unha charla que terá lugar ás 20:15 horas ao redor do labor forense e o seu reflexo na literatura e na ficción televisiva e cinematográfica.


O Imelga é un órgano da Administración de xustiza en Galicia que ten por misión prestarlles asistencia técnica aos tribunais, fiscalías e xulgados en materia de medicina forense. Un organismo con sede en Santiago de Compostela que tivo que abordar responsabilidades tales como identificar os corpos dos falecidos no accidente ferroviario do Alvia en Angrois. Un traballo na vida real que se traslada a ficción televisiva e cinematográfica. De cómo se reflexa o labor dos expertos en medicina legal na literatura e, sobre todos nas series televisivas falará Otero Abadín cos membros dos club de lectura de Redondela que coordina Jerónimo Pomares.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: