www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 16 de Outubro de 2018

Últimos días para pagar o Imposto de Circulación
Sociedade • 8/06/2016
Autor: M. X. Queimaliños

Os propietarios de vehículos teñen de prazo ata o vindeiro mércores 15 de xuño para abonar o imposto sobre vehículos de tracción mecánica. Finalizado ese prazo o cobro realizarase pola vía executiva cos recargos de apremo regulamentarios.


Os contribuíntes que non recibiran no seu domicilio as cartas de pagamento (recibos) necesarios para realizar o pago en calquera das sucursais de Abanca, La Caixa ou Banco Bilbao Vizcaya, poderán solicitar un duplicado dos mesmos na Oficina de Recadación e Xestión Tributaria do Concello na Rúa Ernestina Otero 35 baixo (horario de atención ó público : mañás de luns a venres de 9:00 a 14:00 e tardes de luns a xoves de 16:00 a 18:30 horas) .


Poden tamén descargarse o recibo dende a páxina web do Concello (www.redondela.es, no apartado de recadación), introducindo os datos que se lle requiran para a súa expedición; e asemade poderán efectuar o pago on line a través do enlace existente na mesma páxina web.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: