www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 22 de Outubro de 2018

Converter o cargadoiro de Rande nun "cemiterio de barcos" indigna aos grupos políticos
Política • 7/06/2016
Autor: M. X. Queimaliños

O anuncio da Autoridade Portuaria sobre a súa intención de destinar o antigo cargadeiro de mineral de Rande nun peirao no que atracar barcos ruinosos e avariados causa preocupación e indignación entre os grupos políticos da oposición. Así os socialistas cualifican de "atrocidade" pretender converter este punto nun vertedoiro de barcos tratándose dun ben histórico situado nun espazo protexido de Rede natura 2000. O BNG cualifica a iniciativa de "nova agresión ao noso medio natural" e dende AER lembran que o cargadoiro forma parte do patrimonio industrial de Rande en tramitación para ser declarado Ben de Interese Cultural.


As reaccións ante o anuncio da Autoridade Portuaria de destinar o antigo cargadoiro de mineral de Rande para o amarre de barcos ruinosos e avariados non se fixeron esperar. Os partidos políticos que conformar a oposición en Redondela amosaron o seu rotundo rexeitamento a unha actuación que entenden iría en detrimento dun elemento que forma parte do patrimonio industrial ademais de que o uso dese espazo protexido, inserido en Rede Natura 2000, como "almacen de chatarra" tería efectos negativos no espazo natural.


Así o entende os oscialistas quen cualifican a proposta de "atrocidade".


A través dun comunicado explican que "a autoridade portuaria ven de comunicar que pensa trasladar os barcos en mal estado ao antigo cargadoiro de Rande, convertendo de este modo un ben histórico da zona nun vertedoiro de barcos, un vertedoiro situado en Rede Natura 2000. Se os barcos "afean" o porto de Vigo non se pode permitir que se trasladen a este punto situado a carón do museo Meirande, na ensenada de San Simón e parte da Rede Natura, un esparzo natural que debe protexerse, a pesar de que a Autoridade Portuaria parece esquecerse de todo isto".


O concelleiro Leonardo Cabaleiro declara qyue dende o PSOE levan "anos apostando por este entorno e non podemos consentir que a Autoridade Portuaria faga esta atrocidade, o PP debe loitar polos intereses de Redondela e cumprir os acordos plenarios" en referencia a un acordó plenario adoptado en decembro e no que se aprobou rehabilitar a estrutura do cargadoiro.


Tamén dende AER lembran que "este cargadoiro forma parte do patrimonio industrial de Rande e está en tramitación para ser declarado Ben de Interese Cultural".


Pola súa banda o BNG amosa o seu rotundo rexeitamento a que ese peiraou se converta nun "cemiterio de barcos". Explican que converter o cargadoiro de Rande nun peirao para barcos en estado ruinoso "constitúe toda unha agresión a un espazo tan sensíbel como a da zona do Estreito de Rande, e a Enseada de San Simón, catalogadas como LIC Rede Natura 2000" e anuncian que "non imos parar ata que se arquive esta proposta, ou calquera outra similar".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: