www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 24 de Xuño de 2018

AER denuncia "ocultación de información" nas obras da AP-9
Política • 3/06/2016
Autor: M. X. Queimaliños

A Agrupación de Electores denuncia que non se convoca a Comisión de Seguimento nin tampouco dende Fomento responden as súas preguntas e preocupacións centradas principalmente na protección dos restos do Castelo de Rande. Censuran o posicionamento do alcalde, Javier Bas, presidente desta Comisión "por non criticar o comportamento do Ministerio e Audasa ao ter que salvagardar os intereses do partido".


Explican dende AER que as obras de ampliación de Rande nos puntos nos que afectaría aos restos do Castelo estaban paralizadas por Patrimonio pero que estes días "saltaron as alarmas ao verse un camión formigoneira nas zapatas nas que teoricamente esa actuación está paralizada". Ante este feito denuncian que descoñecen se a día de hoxe Patrimonio xa autorizou ese traballo preto do Castelo "porque a Comisión de seguimento das obras da AP-9 non se convoca, no se contesta aos rexistros nos que solicitamos información e tampouco se nos da resposta cando solicitamos que un representante de Patrimonio se incorpore a dita comisión".


Denuncian tamén que esa ocultación de información busca ocultar "os problemas técnicos e legais que hai detrás dos atrasos na ampliación da Ponte de Rande".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: