www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 24 de Maio de 2018

A retranca de Luis Davila enche de humor o Multiúsos da Xunqueira
Cultura • 3/06/2016
Autor: M. X. Queimaliños

A exposición itinerante do humorista gráfico Luis Davila enmárcase no programa de actividades culturais que o departamento provincial de Cultura e Lingua está levando por todos os concellos da provincia no marco do Ano Castelao. A exposición que leva por nome "A retranca dun país" propón un percorrido polas viñetas máis exitosas deste deseñador gráfico e humorista. A mostra permanecerá no Multiúsos ata o vindeiro 24 de xuño.


Esta inciativa da Deputación pretende achegar aos concellos unha serie de actividades relacionadas coas distintas disciplinas artísticas que o propio Castelao desenvolveu ao longo de toda a súa vida. Así, partindo de que nos anos 20 e 30 do século XX Castelao colaborou nos diarios vigueses Galicia e Faro de Vigo coa publicación dunha serie de viñetas tituladas de maneira xenérica "Cousas da vida", conéctase esta actividade coa dun debuxante coma Luis Davila, que na actualidade e tamén desde a prensa galega trata as realidades galegas do día a día.


A exposición poderá visitarse ata o 24 de xuño de luns a venres en hroario de 9:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:30.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: