www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 21 de Xuño de 2018

Soutomaior organiza o I torneo amateur de Xadrez e unha xincana sobre educación vial
Cultura • 3/06/2016
Autor: M. X. Queimaliños

A Concellería de Xuventude organiza este venres en horario de tarde un torneo amateur de xadrez no que contará coa asistencia do campión galego absoluto desta práctica deportiva, Pablo García. O sábado a partir das sete da tarde o departamento de ensino convoca unha xincana sobre educación vial e seguridade que busca concienciar sobre a necesidade de respectar as normas que afectan a peóns e condutores.


O torneo de xadrez que se celebra este venres está organizado dende a Concellería de Xuventude e terá lugar no Multiúsos de Arcade en horario de 19:00 a 21:00 horas. Participarán todos os alumnos e alumnas da Escola Municipal e tamén outras persoas que se inscribiron previamente. Contarase coa asistencia do mestre internacional Pablo García, campión galego absoluto. O sistema de xogo será o de torneo a 5 partidas.


Desde a Concellería animan aos veciños a achegarse a este torno e pasar un rato divertido onde poderán disfrutar vendo como o alumnado exhibe todo o aprendido durante o curso.


Na xornada do sábado é a Concellería de Educación quen propón outras actividades participativas, unha xincana sobre educación vial e seguridade coa que se quere concienciar sobre a necesidade de adquirir normas de comportamento responsable en calquera dos roles que poidamos desempeñar na vía pública como peóns, condutores ou pasaxeiros. O circuíto contará don diversas probas que haberá que ir superando. A actividade desenvolverase o sábado 4 de xuño en horario de 19:00 a 20:30h.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: